- Esgotado
Colgante con Amuleto de 2500 anos. Ollo de Horus
VENDIDO. EN BREVE DISPOREMOS DE UNHA PEZA SIMILAR
Os amuletos con ollos de Horus eran moi populares no Antigo Exipto. Horus, o Deus Halcón, recibíu de mans de Ra un ollo artificial tras haber perdido un dos seus nunha dura batalla contra Seth. Este ollo artificial tiña propiedades sanadoras e máxicas de ahí que se convirtira nun talismán usado polos exipcios como colgante pra protexerse de enfermidades, das envidias e do mal de ollo. Axudaba tamén o seu portador ó paso o Máis Alá.
Este Ollo de Horus, datado na Baixa Época (664-525 aC) está feito de faienza, unha cerámica usual na época realizada a partir de area fundida. O seu estado de conservación é excelente. Foi adquirido a un prestixioso anticuario e provén dunha colección particular. Adxúntase un certificado emitido polo anticuario que acredita a autenticidade da peza .
Nos nosos talleres, realizámoslle a man un engarce de oro de 18k cunha esmeralda auténtica que o realza e protexe, devolvendo 2500 anos despois á función para que foi creado. Unimos así o noso traballo co do artesán que o fabricou naquel tempo remoto.
Características:
Amuleto: feito en faienza entre os anos 664 a 525 antes de Cristo (Baixa Época). Medidas: 15 x 15 mm
Montura: feita a man na actualidad en ouro de 18 K con esmeralda talla cabuxón. Medidas montura: 25 x 18 mm
Diámetro da esmeralda: 2,5 mm.
O cordón de coiro con remates e peche de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro
Queda igualmente moi ben cunha cadea: cadea de ouro
Poseer unha antigüidade, un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámonos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viviu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
As pezas desta colección, na que montamos artesanalmente obxetos antigos, son exclusivas, xa que non hai duas iguais.
Ademais de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxeto antigo como o ouro revalorizaránse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia pra sempre.
Sobre as antigüidades: Para garantir a absoluta autenticidade das antigüidades que usamos para facer estas xoias cumprimos un ríxido protocolo consistente en adquirilas soamente a anticuarios e numismáticos nacionais e internacionais moi recoñecidos, que teñan unha dilatada e intachable traxectoria profesional e nos que temos absoluta confianza
Hoxe en día pódense mercar moedas e obxetos antigos en internet, pero nunca usamos pezas adquiridas deste xeito, xa que non poderíamos ofrecer unha garantía total. O noso principal interés é que sempre se poida probar que a peza é xenuina é que non procede de expolio. Desta maneira, cando o cliente merca unha das nosas xoias, sabe que a súa inversión está asegurada e revalorizaráse no futuro, porque contará cun certificado dun prestixioso profesional. Por isto é que traballamos cos mellores e máis fiables, ós que chegamos a coñecer despois de moitos anos de colaboración e seguimento.
Ademais as nosas xoias contan co selo de Galicia Calidade, entidade oficial que, mediante auditorías, só concede o seu aval os fabricantes que aportan as certificacións requeridas e comprométense a cumprir con altas esixencias de calidade nos seus productos.