Colgante con Punta de Frecha de 2200 anos de antigüidade
Colgante feito a man en ouro de 18K cunha punta de frecha grega de bronce de entre os anos 400 e 100 antes de Cristo.
Está datada nun periodo, entre os séculos IV e II a.C., no que a cultura grega viveu os seus momentos de maior expansión e tamén o inicio da súa decadencia.As victorias e conquistas de Alexandro Magno (336 a.C.) levaron o helenismo os confíns do mundo, dende o Mediterráneo ata o val do Indo.
Realizamos pra esta frecha unha montura de ouro de maneira artesanal, a cal ten por misión realzar a súa beleza e convertila nunha xoia única.
Todas as antigüidades cas que facemos as nosas xoias, proceden sempre de anticuarios de recoñecido prestixio e entreganse co seu correspondente certificado de autenticidade. Con esto garantizamos, non só a autenticidade da peza senon tamén que ésta procede do mercado legal de antigüedades. Nunca alteramos o obxeto antigo, senon que deseñamos monturas que lle sirvan de soporte mantendo a súa pátina e características orixinais.
Frecha: bronce, Grecia, de entre os séculos IV e II a.C
Lonxitud: 4,1 cm
O cordón de coiro con remates e peche de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro
Queda igualmente moi ben cunha cadea: cadea de ouro
A Colección Antiques está composta por xoias de ouro macizo de 18 K feitas a man no noso taller e que levan montada unha antigüidade auténtica. No noso taller, tomamos estas pezas escasas e únicas que viaxaron no tempo ata chegar a nos e fixemos pra elas diseños en ouro que as convirten en xoias realmente especiais.
As pezas desta colección son completamente exclusivas: non hai duas iguais. A isto hai que engadir que cada montura faise a man.
Poseer unha antigüidade , un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntamonos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viviu, cómo sería a súa vida...
Está xoia aumentará de valor cos anos: ademáis de pola súa beleza, tanto a antigüidade como o ouro revalorizaránse co paso do tempo.
Pero sobre todo , formará parte da túa propia historia pra sempre.
Sobre as antiguedades: Pra garantizar a absoluta autenticidade das antigüidades que usamos pra facer estas xoias cumprimos un ríxido protocolo consistente en adquirilas soamente a anticuarios e numismáticos nacionais e internacionais moi recoñecidos, que teñan unha dilatada e intachable traxectoria profesional e nos que temos absoluta confianza
Hoxe en día podense mercar moedas e obxetos antigos en internet, pero nunca usamos pezas adquiridas desta maneira, xa que non podríamos ofrecer unha garantía total. O noso principal interés é que sempre se poida probar que a peza é xenuina e que non procede de expolio. Desta maneira ,cando o cliente merca unha das nosas xoias, sabe que a súa inversión está asegurada e que se revalorizará no futuro, porque contará co certificado dun prestixioso profesional. Por isto é que traballamos cos mellores e mais fiables, os que chegamos a coñecer despois de moitos anos de colaboración e seguimento.
Ademais as nosas xoias contan co selo de Galicia Calidade, entidad oficial que, mediante auditorías, só concede o seu aval os fabricantes que aportan as certificacións requeridas e comprometense a cumprir con altas esixencias de calidade nos seus productos