- Esgotado
Colgante de Oro con Denario de Plata
Este colgante leva un precioso denario de prata da época republicana de Roma que foi acuñado no ano 150 antes de Cristo. En unha das súas caras aparece o perfil co yelmo representando á cidade, mentres que no outro está representado unha Vitoria, conducindo unha biga (carro con dous cabalos).
No noso taller creamos a man unha fermosa montura de ouro de primeira lei que a protexe a realza a súa beleza, convertíndoa nunha xoia única, máis de 2000 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.
Diámetro da moeda: 18mm.
Cadea e/ou cordón de coiro non incluidos.
O cordón de coiro con remates e peche de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro
Queda igualmente moi ben con unha cadea: cadea de ouro
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma para da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antique está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.
Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre.
Sobre as antigüidades: para garanti a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.
As nosas xoias contan co selo Galicia Calidade.