fbpx
  • Esgotado
Colgante con Punta de Frecha de 2700 años de Antigüedade
search
  • Colgante con Punta de Frecha de 2700 años de Antigüedade
  • Colgante con Punta de Frecha de 2700 años de Antigüedade
  • Colgante con Punta de Frecha de 2700 años de Antigüedade
  • Colgante con Punta de Frecha de 2700 años de Antigüedade
  • Colgante con Punta de Frecha de 2700 años de Antigüedade
  • Colgante con Punta de Frecha de 2700 años de Antigüedade
  • Colgante con Punta de Frecha de 2700 años de Antigüedade
  • Colgante con Punta de Frecha de 2700 años de Antigüedade

Colgante con Punta de Frecha de 2700 años de Antigüedade

1.355 €

Cantidade

AJV52
Solicitar información
Pagamentos seguros
Envío gratuito por pedidos superiores a 50€
Entrega en 48-72 horas

Colgante feito a man en ouro de 18K cunha punta de flecha de entre os séculos IX e VIII antes de Cristo procedente de Luristán, unha rexión o norte do actual Irán que foi escenario do surdimento e da extinción de culturas como a asiria, caldea, babilónica e que é famosa polos seus numerosos hallazgos arqueolóxicos e os seus excelentes bronces.



Foi adquirida a un prestixioso anticuario e procede dunha colección particular. Entrégase cun certificado de autenticidade.



No  noso taller diseñamoslle unha fermosa montura en ouro de 18K con un diamante azul para realzar a súa beleza e a súa fermosa pátina, convertíndoa nunha xoia única e dándolle unha nova vida máis de 2800 anos despois de que fora creada. 



Medidas (flecha): 7,3 x 1,6 cm



Medidas (colgante): 8,2 cm x 1,6 cm



Diamantes azuis: 1 (0,015 qt) talla brillante



O cordón de coiro con remates e peche de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro



Queda igualmente moi ben cunha cadea: cadea de ouro



A Colección Antiques está composta por xoias de ouro macizo de 18 K  feitas a man no noso taller e levan montada unha antigüidade auténtica. No noso taller, tomamos estas pezas escasas e únicas que  viaxaron no tempo ata chegar a nos e facemos pra elas diseños en ouro que as convirten en xoias realmente especiais. As pezas desta colección son completamente exclusivas: non hai dúas iguais.



Poseer unha antigüidade, un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámonos a quen  pertencería, cómo serían os tempos nos que viviu o  seu primer dono, cómo sería a súa vida...



Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxeto antiguo como o ouro revalorizaránse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia pra sempre.



Sobre as antiguidades: Pra garantizar a absoluta autenticidade das antiguidades que usamos pra facer estas xoias cumprimos un ríxido protocolo consistente en adquirilas soamente a anticuarios e numismáticos nacionais e internacionais moi recoñecidos, que teñan unha dilatada e intachable traxectoria profesional e nos que temos absoluta confianza



Hoxe en día  pódense mercar moedas e obxetos antigos en internet, pero nunca usamos pezas adquiridas deste xeito, xa que non podríamos ofrecer unha garantía total. O noso principal interés é que sempre se poida probar que a peza é xenuina e que non procede de expolio. Dista maneira, cando o cliente merca unha das nosas xoias, sabe que a súa inversión está asegurada e que se revalorizará no futuro, porque contará cun certificado dun prestisioxo profesional.Por isto é que traballamos cos mellores e máis fiables, os que chegamos  a coñecer despois de moitos anos de colaboración e seguimento.



Ademais as nosas xoias contan co selo de Galicia Calidade, entidade oficial que, mediante auditorías, só concede o seu aval os fabricantes que aportan as certificacións requeridas e se comprometen a cumprir con altas esixencias de calidade nos seus productos.