Colgante con Punta de Frecha de 2700 años de Antigüedade
Este colgante leva unha punta de frecha de sílex pertencente ao Paleolítico, o período da Historia coñecido polos utensilios que os nosos devanceiros fabricaban mediante o método de golpear unhas pedras con outras, para conseguir obxectos afiados.
Está datada entre os anos 6000 e 3000 antes de Cristo e pódese observar o grao de perfeccionamento que se conseguira con esta técnica, ao lograr puntas de frecha pequenas e simétricas. No noso taller creamos a man para ela, unha fermosa montura de ouro de primeira lei que a protexe e realza a súa beleza, converténdoa nunha xoia única, máis de 5000 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuínas, nunca réplicas, e entréganse con certificado de autenticidade.
Medidas frecha: 26 x 15 mm
O cordón de coiro con remates e peche de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro
Queda igualmente moi ben cunha cadea: cadea de ouro
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámonos a quen pertencería, como serían os tempos nos que viviu o seu primeiro dono, como sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuínas para as que deseñamos monturas de ouro que as converten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dous iguais.
Alén de por a súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro se revalorizarán co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.