fbpx
  • Esgotado
Colgante de Ouro con Moeda Romana
search
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana

Colgante de Ouro con Moeda Romana

653 €
Cantidade

NP02
Solicitar información
Pagamentos seguros
Envío gratuito por pedidos superiores a 50€
Entrega en 48-72 horas

Este colgante leva un precioso denario de prata da época republicana de Roma que foi acuñado no ano 58 a.C. No anverso aparece un busto con diadema representadno a Roma, mentres que no reverso está unha estatua ecuestre con unha lanza sobre tres arcos. No noso taller creámoslle a man para ela unha fermosa montura de ouro de primeira ley que a protexe e realza a súa beleza, convertíndoa nunha xoia única, máis de 2000 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.

Diámetro da moeda: 18 mm.

Cadea e/ou cordón de coiro non incluidos.

O cordón de coiro con remates e peche de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro

Queda igualmente moi ben con unha cadea: cadea de ouro

Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma para da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...

A Colección Antique está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.

Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre.

Sobre as antigüidades: para garanti a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.

As nosas xoias contan co selo Galicia Calidade.