fbpx
Pulsera de Ouro con Moeda Romana
search
  • Pulsera de Ouro con Moeda Romana
  • Pulsera de Ouro con Moeda Romana
  • Pulsera de Ouro con Moeda Romana
  • Pulsera de Ouro con Moeda Romana
  • Pulsera de Ouro con Moeda Romana
  • Pulsera de Ouro con Moeda Romana
  • Pulsera de Ouro con Moeda Romana

Pulsera de Ouro con Moeda Romana

776 €
Cantidade

SAN99
Solicitar información
Pagamentos seguros
Envío gratuito por pedidos superiores a 50€
Entrega en 48-72 horas

Esta pulseira leva un denario de prata do Emperador Antonino Pio, e foi acuñada en Roma entre os anos 138 e 161 D.C. Antonino, sucesor de Adriano, é considerado históricamente como un dos cinco bos emperadores, pertencendo o seu reinado á chamada Idade de Ouro do Imperio Romano.

A moeda mostra o perfil laureado do emperador e a lenda: “Antoninvs Aug(ustvs) Pivs e no reverso está representada a deusa da Paz con unha rama e un cetro. No noso taller creámoslle a man para ela, unha fermosa montura de ouro de primeirra lei que a protexe e realza a súa beleza, convertíndoa nunha xoia única, máis de 1800 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.

Diámetro da moeda: 18 mm

Lonxitude: para contorno de pulso de 18-19cm. A pulseira ten argolas no seu extremo para axutarse a distintas medidas, pero pódese acortar ou alongar o que precise por encargo. Contactaremos con vostede para confirmar a medida.

Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...

A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.

Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxeto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da súa propia historia para sempre.

Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade

As nosas xoias contan co selo Galicia Calidade.